-Por que é necesario O Diario Galego? Que esperas del?
-Necesitamos un xornal na nosa lingua. É unha vella materia pendente, igual que necesitamos máis oferta de creación e comunicación no idioma. Falo dun xornal escrito e editado en galego, con capacidade para concitar vontades e integrar intereses arredor dunha Galiza que emita na lingua do país, con ambición, sen complexos. Seguramente necesitamos tamén unha reflexión autocrítica para responder unha vella pregunta: por que até agora os intentos que se realizaron non chegaron a bo porto?
Penso nun diario aberto, sen sectarismos, sen descualificacións de parroquia pequena, culto, profesional, ameno, intelixente, e mesmo que sexa quen de conectar coas xeracións máis novas, que son o futuro. Ben sei que non pido pouco. Pero temos dereito a pedir.
[Para facer de O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións. Podes sumarte nesta ligazón]