Un total de tres novos focos de Covid-19 que suman 14 contaxiados foron detectados durante esta segunda feira en Vigo, O Val Miñor e Salvaterra de Miño.
Fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) detallaron que estes focos, que elevan a unha decena os activos na zona, detectáronse nas últimas horasdesta segunda feira
En concreto, produciuse un brote no Val Miñor que suma sete positivos e que se orixinou nunha reunión de amigos. Como consecuencia, suspendéronse as visitas ás dúas residencias coas que conta o municipio de Gondomar, un centro de maiores e outro de persoas con discapacidade.
Así mesmo, na localidade de Salvaterra de Miño rexistrouse un segundo foco producido no ámbito familiar que afecta a tres persoas.
Adicionalmente, esta segunda feira contabilizouse un terceiro brote que suma catro positivos en Vigo.
O Sergas concretou que se trata de mozos que se contaxiaron durante unha viaxe realizada fóra de Galiza.