O Concello de Monforte de Lemos informou da existencia dun abrocho con oito casos positivos por Covid nun edificio da cidade.
Nun comunicado remitido aos medios, o Consistorio explica que desde a área Sanitaria de Lugo trasladóuselles aos responsábeis municipais a existencia de oito casos positivos no número 41 de rúa Duquesa de Alba.
Así mesmo, sinala que persoal sanitario do Sergas está a facer as correspondentes probas PCR no edificio co fin de confirmar outros posíbeis casos.
O Concello deu conta de que puxo a disposición do persoal sanitario aos efectivos da Policía Local que, xunto con outros membros doutros corpos e forzas de seguridade do estado, colaboran na realización de dicha PCR.
O Consistorio sinalou que ten o compromiso por parte das autoridades sanitarias correspondentes de que seguirá sendo informado sobre a evolución das probas levadas a cabo en relación a este brote.