O Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a empresa de desaloxos Desokupa asinaron este domingo un acordo de formación en defensa persoal para 30.000 axentes da Policía mediante un curso que impartirá a empresa de Daniel Esteve, informaron ambas as partes.
Segundo explicou Esteve nun vídeo publicado na rede social X, o 'club Desokupa' é un curso de formación de defensa persoal "moi real" que ensinará as e os axentes a defenderse. "Vai ser un curso de até 500 policías á vez con 18 formadores", explicou.
Pola súa banda, a secretaria xeral de SUP, Mónica Gracia, asegurou que se trata dun "momento histórico". "Temos un problema nas rúas. Hai unha violencia desmedida e a autoridade perdeuse. Os compañeiros están máis en risco e con isto queremos que sintan máis seguros", explicou.
A pesar de que o SUP asegurou que o curso será "homolagado e baremábel", fontes do Ministerio do Interior informaron de que se trata de cursos "non homologábeis nin baremábeis" e que tampouco contan "con ningún respaldo por parte da Dirección Xeral de Policía".
🤝Firmamos acuerdo de #Formación entre @Sup_Policia y #ClubDesokupa
— SUP (@Sup_Policia) August 4, 2024
🛡La #DefensaPersonal es muy importarte y llegaremos hasta los 30.000 #Policías en España
🔝El #Curso será homologado y baremablehttps://t.co/4tQlLYzKJv pic.twitter.com/XocMWd8lHI
Así mesmo, explicaron que a formación no ámbito da Policía Nacional é impartida pola División de Formación e Perfeccionamento e o Centro Universitario.