Caen os salarios 4,3% en 2020: A desigualdade social manda na Galiza da pandemia

A caída das retribucións salariais ten acadado en 2020 máximos históricos na Galiza após marcar unha contracción de 4,3%, só comparábel ás cifras da Gran Recesión. Ao tempo, asístese a unha acentuación das tendencias presentes na formación social galega nas últimas décadas, significándose a perda de peso das rendas dos traballos fronte ás do capital, cuxa consecuencia máis importante é un aumento inédito da desigualdade social, cun crecemento de 2,9 nun só ano no índice de Gini. Mulleres e mozos levan a peor parte neste contexto.
A pandemia ten disparado as desigualdades na Galiza. (Foto: Nós Diario) #desigualdadesocial #desigualdade #pandemia #salarios #pobreza
photo_camera A pandemia ten disparado as desigualdades na Galiza. (Foto: Nós Diario)
Comentarios