Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración após descarrilar un tren da liña que une Ribadeo con Ferrol debido a un desprendemento de terras que tivo lugar no Barqueiro, no concello de Mañón. Viaxaban no ferrocarril un total de sete persoas.
Daba conta do sinistro o 112 a través da conta de Twitter.
#AXEGAInforma
— 112Galicia (@112Galicia) February 19, 2020
Tres persoas resultaron feridas tras descarrilar un tren a causa dun desprendemento de terra no concello coruñés de Mañón. Interviñeron: servizos sanitarios, #BombeirosEume e Viveiro, @guardiacivil, #GESOrtigueira e #AVPCMañón. pic.twitter.com/VKmOJpG8m2
O descarrilamento tivo lugar pasadas as 21.30 horas e foi confirmado por Adif a través dun chío.
Se encuentra interrumpida la circulación en la línea de ancho métrico Ferrol-Oviedo por el descarrilamiento de un tren a causa de un desprendimiento de tierras entre Viveiro y Ortigueira.
— INFOAdif (@InfoAdif) February 19, 2020
Non é a primeira vez que as liñas ferroviarias que conectan Ferrol sofren desprendementos de terra. A preocupación veciñal levou recentemente o BNG a presentar no Congreso unha iniciativa para preguntar ao Goberno estatal sobre as "medidas de prevención para evitar un empeoramento da situación" no camiño de ferro que une o servizo de media distancia entre Ferrol e Betanzos, concretamente, á altura do concello de Cabanas.