Deputacións e Fegamp reprochan á Xunta que impoña cooperar nun plan para a hostalaría do que non sabían

As administracións da Coruña, Pontevedra e Lugo e os municipios non entenden o motivo que levou ao Goberno galego a anunciar un proxecto de subvencións que non se negociou entre as partes. Aliás, lembran que xa levan meses fornecendo subvencións ao empresariado para paliar os efectos da pandemia.
Reunión de tres das catro deputacións galegas. (Foto: Deputación de Pontevedra)
photo_camera Reunión de tres das catro deputacións galegas. (Foto: Deputación de Pontevedra)
Comentarios