Violencia machista

Alerta polas denuncias por picadas de submisión química: "As mulleres seguimos sen poder ir tranquilas de festa"

O lecer nocturno segue sen ser un espazo seguro para as mulleres galegas. Nas últimas horas as autoridades tiveron constancia de dúas denuncias por picadas de submisión química na Coruña e Nigrán, un acto delitivo que busca anular a vontade da vítima e que, quer agulla mediante quer por vía oral, é a causa dunha de cada tres agresións sexuais.
Os estabelecementos de lecer nocturno xa traballan en novos protocolos para facer fronte a este tipo de agresións. (Foto: Bernard Bodo)
photo_camera Os estabelecementos de lecer nocturno xa traballan en novos protocolos para facer fronte a este tipo de agresións. (Foto: Bernard Bodo)
Comentarios