A Sociedade Galega de Historia Natural denunciou a venda ilegal de buguinas mariñas protexidas na Galiza, polo que pediu á Xunta da Galiza que estabeleza medidas para garantir a súa protección.
Nun comunicado, dita asociación lembrou que certas buguinas coñecidas como buccinos (un gasterópodo das especies Charonia lampas) están catalogadas como vulnrábeis nos catálogos autonómicos e estatais de especies ameazadas.
"As principais ameazas para esta especie son a súa captura e morte para aproveitar as cunchas ou venda para consumo. É moi pouco común e a súa abundancia diminuíu nas últimas décadas, o que a levou á súa protección na galiza", subliñou esta entidade.
A pesar disto, detectouse a súa venda de forma "continuada" en postos de cunchas do Grove (comarca do Grove), con ata 46 exemplares expostos. Tamén puido verse á venda Charonia lampas na lonxa de Ribeira (A Barbanza).
Por iso, pediron á Consellearía do Mar e á de Medio Ambiente que establezan medidas necesarias para erradicar a súa venda.
"É necesario garantir a protección das especies en perigo de conservación para que non desaparezan dos nosos ecosistemas naturais", subliñaron.