Denuncian o Sergas ante Inspección de Traballo pola "sobrecarga asistencial" en Pontevedra e O Salnés

Os facultativos consideran patente que os riscos laborais que padecen "teñen a súa orixe na ausencia ou, no mellor dos casos, nunha moi deficiente previsión organizativa que provoca unha infradotación de recursos humanos e materiais para facer fronte á demanda asistencial actual, a pesar de ser coñecida na súa orixe e evolución".
Hospital de Montecelo, en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Hospital de Montecelo, en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
Comentarios