Denuncian as malas prácticas de Naturgy coa "complicidade" de Medio Rural

A Organización Galega de Montes en Man Común rexeitou esta segunda feira a actuación da Consellaría de Medio Rural, quen "ameazou" a comunidade de montes de Teis (Vigo) con abrirlle un expediente sancionador ante unha denuncia da empresa Naturgy que, segundo a Orgaccmm, non se axusta á realidade. "Non é certo que a comunidade de montes de Teis lle impedise o paso aos operarios de dita empresa", apuntou a entidade.

Unha actividade da Comunidade de Montes de Teis (Vigo), nunha imaxe de arquivo (Imaxe: Cedida)
photo_camera Unha actividade da Comunidade de Montes de Teis (Vigo), nunha imaxe de arquivo (Imaxe: Cedida)
Comentarios