Denuncian o desleixo da Xunta na protección da saúde dos bañistas no encoro das Conchas

O nivel de alerta 3 por cianobacterias nas augas do encoro das Conchas aconsella prohibir o baño e as actividades acuáticas en dúas localizacións de Bande e Muíños desde hai semanas. O BNG Celanova-Baixa Limia censura a falta de contundencias das Administracións locais á hora de informar a veciñanza e acusa a Xunta de non comprobar se se cumpren as recomendacións sanitarias.

Bañistas no encoro das Conchas esta fin de semana.
photo_camera Bañistas no encoro das Conchas, no lugar de Mugueimes, Muíños, esta fin de semana.
Comentarios