O comité de empresa esixe a dimisión do director xeral

Denuncian unha cobertura "tardía, insuficiente e patética" da TVG

O lume xa entraba no casco urbano de Vigo. Dúas persoas morreran atrapadas en Nigrán. Desde a mañá do domingo 16 de outubro os incendios inzaban Galiza. Só despois das sete da tarde prenderan máis de 70 fogos. Pero a programación da televisión pública galega permaneceu inmutábel ate peto das once da noite. "Houbo unha resposta tardía, insuficiente e patética, e só cando as críticas anegaban as redes sociais", sinalan fontes do comité interempresas da CRTVG, que veñen de esixir a demisión do director xeral do ente Alfonso Sánchez Izquierdo.

Crtvg manipulacion lumes incendios
photo_camera Imaxe da sede da compañía pública de radio e televisión. Foto: cedida
Comentarios