APDR e Greenpeace presentaron os seus respectivos recursos diante da Audiencia Nacional contra a prórroga concedida polo goberno de Mariano Raxoi a Ence. Uns recursos, indican ambas as dúas organizacións nun comunicado, que teñen como finalidade “impedir que Ence Energía y Celulosa S.A. permaneza na Ría de Pontevedra outros 60 ano”s.
Defensa da Ría e Greenpeace consideran que a empresa desenvolve unha actividade industrial incompatíbel co medio ambiente e que non entra dentro do grupo de usos reservados para unha posíbel prórroga en terreos de dominio público marítimo-terrestre, tal e como se establece no Artigo 31.2 da Lei de Costas polo que o Ministerio no debería tela concedido.
Ambas as dúas animan a sociedade galega a participar na Marcha contra Celulosas do domingo 16 “para facer visíbel e denunciar publicamente esta inxustiza histórica en Pontevedra”. Así mesmo demandan á Xunta que o novo Plan Forestal deixe de favorecer á industria celulósica e estableza unha moratoria de novas plantacións do xénero Eucalyptus, como xa demandaron numerosas forzas sociais e políticas galegas.