Xornalismo

Sermos Galiza celebra dez anos: "Recibimos moitas presións por informar de cuestións das que outros medios non se atreven"

A empresa editora de 'Nós Diario', Sermos Galiza SA, celebrou este sábado o décimo aniversario nun acto que contou coas actuación de Celso Sanmartín e Su Garrido e no que se puxo en valor o traballo da redacción e das colaboradoras e colaboradores do xornal e mais o apoio das persoas subscritoras, que fan posíbel o único diario integramente en galego.
María Obelleiro, directora de Nós Diario, puxo en valor o traballo da redacción do xornal e das persoas colaboradoras, e agradeceu o "grande esforzo" das e dos subscritores.
photo_camera María Obelleiro, directora de Nós Diario, puxo en valor o traballo da redacción do xornal e das persoas colaboradoras, e agradeceu o "grande esforzo" das e dos subscritores. (Foto: Nós Diario)