Ducias de persoas concéntranse ante Educación para pedir que non volva "a pandemia dos recortes"

Os sindicatos de profesorado seguen instando A Xunta que manteña o esforzo en recursos humanos nos centros de cara o próximo curso. Na terza feira, ducias de persoas secundaron unha protesta convocada pola CIG-Ensino para reclamar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que non de marcha atrás e que prorrogue o reforzo de docentes polo menos para o próximo período académico.

Concentración da CIG-Ensino ás portas de San Caetano (Imaxe: CIG Ensino)
photo_camera Concentración da CIG-Ensino ás portas de San Caetano (Imaxe: CIG Ensino)
Comentarios