A Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores (CUT) convocará folga de mulleres este 8 de marzo e así o puxo en coecemento do movemento feminista agrupado en 'Galegas 8M'. O sindicao anuncia que a convocatoria será a dunha greve de 24 horas cunha convocatoria legal "dirixida exclusivamente para as mulleres".
Desde a Secretaría das Mulleres da CUT inciden na necesidade de "fortalecer e pular polo feminismo de clase do país", visibilizando "a loita das traballadoras do sector produtivo e reprodutivo, as asalariadas e as que non".
Por último, a central sindical anuncia que a partir da segunda quincena de xaneiro comezarán a socializarse os traballos que o sindicato está a realizar para este 8M.