O curso tentará ser presencial, con distancias de 1,5 metros

O Goberno estatal acordou coas Administracións territoriais unha serie de criterios para tratar de garantir que o curso escolar se desenvolva de maneira presencial e coa máxima seguridade. As medidas, aceptadas polas comunidades, pasan por instaurar unha distancia mínima de 1,5 metros entre o alumnado, máis do que a Xunta fixaba no seu protocolo, e pautan tamén o uso de máscara obrigatoria desde os seis anos, ventilación frecuente, lavado de mans, toma de temperatura previa ao inicio da xornada lectiva ou creación de grupos de convivencia estábeis, sen distancia mínima, nas idades temperás.
Celáa,  Illa e Candia compareceron após a conferencia para dar conta das medidas (Imaxe: Europa Press)
photo_camera Celáa, Illa e Candia compareceron após a conferencia para dar conta das medidas (Imaxe: Europa Press)
Comentarios