Curso de horta na casa: elixir correctamente o lugar para cultivar
As botellas de plástico son uns dos elementos máis comúns en moitos fogares. A auga embotellada, os refrescos, os produtos de limpeza... case todo vén en envases plásticos, producindo un gasto enerxético e unha cantidade de residuos alarmantes. Polo que imos descubrir como darlles un segundo uso. As botellas de plástico teñen moitas utilidades na horta, por exemplo: 1. Cortándoas para usar como pequenos testos para facer sementeiros tanto en vertical como en horizontal. 2. Se son transparentes, podemos recortar a parte inferior e usalas como pequenos invernadoiros para os cultivos. 3. Enchéndoas de area ou terra e usándoas para fabricar os bancais (é dicir, como unha especie de ladrillos que irán enterrados ao redor dos bancais para que termen da terra)
Unha horta en Sanxenxo (Imaxe: P.Lameiro na Wikipedia).
Eva Cameán
07:24 do 6 de abril de 2021
Eva Cameán
07:24 do 6 de abril de 2021
Na lección anterior repasabamos as consideracións máis importantes a ter en conta para escoller os lugares onde estabelecer as nosas plantas e cultivos como, por exemplo, que contara cun mínimo de horas de luz, elixir o lugar en función…
Este sitio usa cookies propias e de terceiros para desenvolver información estatística e amosar publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise da súa navegación. Mais detalles >