Curso de horta na casa: o regado

Unha das cuestións que máis nos adoitan preocupar cando temos plantas ou cultivos ao noso cargo é cantas veces temos que regar e a cantidade de auga que cómpre proporcionar, xa que a auga é imprescindíbel e esencial para a vida, mais de excedérmonos, podemos encharcar os cultivos e favorecer que contraian enfermidades como fungos. A resposta é moi sinxela: débese regar as plantas e cultivos cando o precisaren. Mais a isto cómpre engadir matices que veremos ao longo desta lección. 

A regadeira é moi útil en interior e exterior (Foto: Pexels)
photo_camera A regadeira é moi útil en interior e exterior (Foto: Pexels)
Comentarios