A CRTVG culpa ao Goberno estatal do atraso do curso no ensino secundario

A Televisión da Galiza (TVG) compartiu nas súas redes sociais unha información co titular: "O cambio de protocolo do Goberno central obriga a retrasar o inicio do ensino secundario". Enseguida usuarias e usuarios destas plataformas acusaron á CRTVG de manipulación. O propio conselleiro de Educación obvia as presións que recibiron dos institutos e bótalle a culpa ao equipo de Pedro Sánchez.
tvg, román rodríguez, educación
photo_camera Imaxe da nova retransmitida pola TVG. (Foto: CRTVG)
Comentarios