Defende a Galega considera que, como no caso da xornalista Tati Moyano, volve usarse o "argumento da compatibilidade" para un expediente contra "un traballador activo nos Venres Negros".
A dirección da CRTVG abre expediente disciplinario a Carlos Jiménez, guionista, humorista e locutor, e cualifica como falta "moi grave" que" locutase un programa da propia TVG". Afirmao o colectivo 'Defende a Galega', que aponta a que o xornalista incluso podería ser despedido. Un profesional, lembran, que está implicado na loita que estes meses desenvolve o persoal dos medos públicos galegos contra o control e a manipulación, indica 'Defende a Galega'.
A acción contra Jiménez, prosegue sinalando o colectivo, chega semanas despois de que se tivese que arquivar un expediente á xornalista Tati Moyano. "De novo, a CRTVG usa o argumento da compatibilidade contra un traballador activo nos Venres Negros".
Stop represalias na CRTVG!! #ChovenExpedientes, pero xa non calamos. Agora é contra o xornalista e locutor da CRTVG, Carlos Jiménez, un dos traballadores máis comprometidos contra a manipulación e o desmantelamento #EuSonCarlosJiménez #VenresNegro26CRTVG pic.twitter.com/3xUXo2d8n0
— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) 15 de novembro de 2018
Defende a Galega demanda o arquivamento inmediato do expediente. Carlos Jiménez (Viveiro, 1971) é actor de dobraxe, locutor e presentador radiofónico e de televisión, humorista e imitador galego.