A Covid dispara a demanda e esgota unha vacina da gripe

A campaña da gripe comezou na Galiza no marco dun chamamento xeneralizado a reforzar a vacinación tanto dos grupos de risco como do resto da poboación nun contexto de pandemia. O obxectivo, reducir as dúbidas fronte a Covid-19, protexer as persoas máis vulnerábeis de posíbeis complicacións e evitar a sobrecarga asistencial. A demanda superou as previsións das autoridades sanitarias e nalgúns puntos xa escasean as primeiras doses da inxección, as dirixidas aos grupos diana de menos de 65 anos. 
Unha enfermeira inxecta a vacina da gripe a un paciente  no inicio da campaña (Iñaki Berasaluce / Europa Press).
photo_camera Unha enfermeira inxecta a vacina da gripe a un paciente  no inicio da campaña (Iñaki Berasaluce / Europa Press).
Comentarios