O foco na residencia de Ballesol de Vigo afecta xa 54 persoas, das cales 42 son usuarias e 12 traballadores. A pasada segunda feria informábase do contaxio de coronavirus de 22 persoas usuarias e 10 do persoal, e non se desbotaba que ese número aumentase.
En efecto, aumentou: esta cuarta feira a Xunta informa de 20 novos usuarios contaxiados pola Covid, elevando a cifra total a 42, aos que sumar 12 traballadores.
En total, nas residencias de maiores hai 404 persoas infectadas e 247 traballadores e traballadoras. En total, 651 persoas.
Nos centros de persoas con discapacidade as cifras son de 32 persoas contaxiadas e 21 no cadro de persoal