Muda o protocolo Covid: A Xunta suprime os tests a contactos estreitos se non teñen síntomas e se están vacinados

O novo documento marco reduce aínda máis a realización de PCR ou test de antíxenos por parte das autoridades sanitarias. Desde esta terza feira, 4 de xaneiro, o Sergas só fai probas ás persoas de risco e aos casos da Covid-19 graves, é dicir, aqueles que precisen de ingreso hospitalario.

Reinicio da campaña de vacinación das crianzas esta terza feira, 4 de xaneiro. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
photo_camera Reinicio da campaña de vacinación das crianzas esta terza feira, 4 de xaneiro. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Comentarios