Segundo os últimos datos publicados pola Consellaría de Sanidade, consolidados ás 18 horas do domingo, na Galiza hai 49.988 casos activos da Covid-19 (1.715 máis que na xornada anterior).
Por áreas sanitarias, Vigo fica á cabeza con 11.849, seguida de Compostela-O Barbanza, con 9.297; A Coruña-Cee, con 9.065; Pontevedra-O Salnés, con 6.489; Ourense-Verín-O Barco, con 5.421; Lugo-A Mariña-Monforte, con 4.677, e Ferrol, con 3.190.
Do total de persoas doentes, 53 están ingresadas na UCI (+1) e outras 331 en unidades convencionais de hospitalización (+23). As restantes permanecen nos seus domicilios baixo seguimento da Atención Primaria.
Así mesmo, desde o inicio da pandemia faleceron 2.770 galegas e galegos diagnosticados coa Covid-19.
Aliás, nas últimas 24 horas detectáronse 2.899 novos contaxios (-633) e practicáronse 8.240 probas PCR, cunha taxa de positividade de 28,5%.
Desde o inicio desta pandemia a Galiza rexistrou 256.719 contaxiados por coronavirus, dos que 57.145 corresponden á área de Vigo; 55.572, á da Coruña; 38.368, á de Compostela; 32.456, á de Ourense; 31.046, á de Pontevedra; 26.397, á de Lugo; e 15.735, á de Ferrol.
Por outra parte, segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade o pasado 30 de decembro, a incidencia acumulada a 14 días alcanzou no país os 1.408 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 1.775 de media no Estado.