O incendio forestal que desde este domingo afecta o municipio de Vilardevós, na comarca de Verín, atópase controlado e calcinou 7,7 hectáreas.
Do total de hectáreas, 6,5 son de superficie rasa e 1,2 de arboledo, segundo informou a Consellaría do Medio Rural.
O lume comezou sobre as 17.58 horas deste domingo na parroquia de Vilar de Cervos e está controlado desde as 22.46 horas.
Para a súa extinción foron mobilizados sete axentes, 12 brigadas, seis motobombas, dúas pas, dous técnicos, catro avións e cinco helicópteros.