Os centros, institutos e escolas infantís galegas volveron a experimentar un repunte de casos positivos por Covid-19 nas últimas xornadas. Os contaxios detectados polas autoridades sanitarias alcanzan xa os 914, cae medio cento máis que na xornada de onte e un terzo de incremento nos últimos sete días.
Hai perto de 500 centros onde hai no mínimo un caso. O número de aulas fechadas é de 46, o que supón 10 máis que nesta terza feira.
No que respecta a centros de ensino que tiveron que cerrar por mor do coronavirus, o número esta cuarta é igual ao de onte: 2. A gardería Golfiños de Lugo e o punto de atención á infancia de Boborás.
Na área sanitaria da Coruña hai 154 casos no ensino e 6 aulas pechadas; mentres que na de Ferrol as cifras son 85 e 5 e na de Santiago 133 e 5 respectivamente.
Hai 95 casos en escilas infantís e centros de ensino da área de Lugo, 6 aulas pechadas. Na de Ourense son 134 e 8; na de Pontevedra 107 e 6.
Por último, na área de Vigo son 206 casos e 10 aulas cerradas.
Na ligazón externa podes consultar todos os centros nos que se rexistraron positivos e o número dos mesmos.