Continúa a suba: a Galiza roza os mil casos activos de Covid-19

Os novos contaxios de Covid-19 repuntan a 123 na Galiza, polo que encadean tres xornadas consecutivas por encima do centenar, e os casos activos rozan o milleiro ao ascender a 993, que supoñen 353 máis que hai unha semana. Mentres, os pacientes ingresados por este coronavirus aumentan a 48 -dous máis- e a taxa de positividade sobe a un 3,6% no conxunto da Galiza.

Os dous primeiros casos da Ómicron 'silenciosa' rexistráronse na área de Vigo (Foto: Europa Press).
photo_camera Unha sanitaria revisa os resultados de probas PCR. (Foto: Europa Press)
Comentarios