Continúa sen explicación a morte en pleno voo dunha bandada de 150 estorniños

As primeiras investigacións descartan que as aves morreran electrocutadas, como se pensou nun primeiro momento. As persoas expertas tamén rexeitan unha infección por gripe aviaria após analizar os corpos dos exemplares atopados no barrio ferrolán de Caranza. A nova teoría céntrase en pescudar se o suceso puido deberse a unha intoxicación.
Os estorniños quedaron sobre a rúa, ademais dos vehículos. (Foto: Europa Press)
photo_camera Os estorniños quedaron sobre a rúa, ademais dos vehículos. (Foto: Europa Press)
Comentarios