Conta atrás para a universidade privada de Abanca

Coa aprobación do informe favorábel emitido polo Ministerio de Universidades para a creación da primeira institución privada da Galiza, o proxecto académico promovido por Abanca está máis perto de se consolidar. A iniciativa impulsada polo banqueiro venezolano Juan Carlos Escotet conta co apoio do Goberno galego, á espera da súa tramitación parlamentaria e do cumprimento dos requisitos que ultima o departamento de Manuel Castells para a creación, recoñecemento, autorización e acreditación de universidades e centros universitarios. 
Estudantes da USC camiñan tras o busto de Fermín Penzol Lavandeira no Campus Sur (Arxina).
photo_camera Estudantes da USC camiñan tras o busto de Fermín Penzol Lavandeira no Campus Sur (Foto: Arxina).