Conta atrás para un setembro contrarreloxo

A Xunta apurou as derradeiras 48 horas antes do parón do verán anunciar a incorporación de profesorado "de apoio" de cara ao vindeiro curso escolar e publicar as novas pautas educativas que terán que asumir os centros de ensino. Chove sobre mollado. Á acumulación de tarefas que recae sobre os equipos directivos e docentes (curriculares, organizativas, burocráticas e sanitarias) únese a falta de tempo, xa que todas as medidas deberán implementarse contrarreloxo na primeira metade de setembro, antes da chegada do alumnado o día 10.  
 
Arxina. Volta ás aulas en maio para 2º de bacharelato e ciclos superiores coas medidas sanitarias da Covid-19
photo_camera Os centros deberán adaptar os espazos para a volta do alumnado en setembro. (Arxina)
Comentarios