Participaron 449 persoas

Unha consulta na Cidade Vella da Coruña pide a devolución gratuíta dos terreos de Defensa

Unha consulta convocada pola Asociación de Veciños da Cidade Vella da Coruña e a Comisión Aberta en Defensa do Común vén de concluír coa esixencia da “devolución gratuíta dos terreos de Defensa ao concello para que sexan destinados a zona verde e equipamentos públicos”. Na consulta participaron 449 persoas, 436 das que votaron nese sentido. En 2015, 2563 veciños vivían no lugar.
 

Praza_de_Azcárraga,_A_Coruña
photo_camera Praza de Azcárraga na Cidade Vella da Coruña. Foto: Galipedia.
Comentarios