O Consello da Cultura pendura 'A Nosa Terra' na Rede

“Traballadores do mar enfrentados. A reforma pesqueira é necesaria”. Eis a apertura do número 0 da etapa moderna do semanario nacionalista A Nosa Terra. Máis abaixo, a loita contra a cota empresarial. En internacional, o carácter presidencialista da Generalitat e a viaxe de Anwar el-Sadat a Israel. E a nota que daba conta do que pasaba: “Nace un periódico galego”.
 

A Nosa Terra
photo_camera Exemplares de 'A Nosa Terra' do periodo posterior a 1977. Foto: Consello da Cultura Galega.
Comentarios