O confinamento leva á hostalaría de Ourense a protestar por unhas “medidas atroces”

A entidade Véxote en Viños e a Asociación de Restaurantes de Ourense (AROU) convocaron unha concentración reivindicativa porque senten que forman parte dun dos sectores máis prexudicados por todas as limitacións e prohibicións que se están estabelecendo na comarca e noutras zonas próximas.

EuropaPress_3363243_manifestantes_protestan_concentracion_convocada_arou_asociacion
photo_camera Concentración reivindicativa de responsábeis dos restaurantes ourensáns. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Comentarios