Seis concellos súmanse aos fechamentos polo coronavirus, que se levantan noutras seis localidades

A tendencia "positiva, estábel e á baixa" que experimenta nos últimos días a situación epidemiolóxica na Galiza levou esta sexta feira a levantar algunhas restricións en Vedra, O Pino, Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao, que se suman ao Carballiño pola boa evolución dos seus datos. Por contra, Cee, Dumbría e Muxía, Ribadumia, Meis e Meaño súmanse aos concellos con limitacións reforzadas, diante do aumento de contaxios. As sete cidades, polo de agora, manteñen o fechamento perimetral e o resto de limitacións. 

O Carballiño recuperou parte da actividade a semana pasada (Foto: Europa Press)
photo_camera O Carballiño recuperou parte da actividade a semana pasada (Foto: Europa Press)
Comentarios