Conas Ceives: ''A forza colectiva das mulleres no rural xa non existe; cómpre recuperarmos os espazos públicos''

Vai alá máis dun mes desde que un grupo de veciñas do Val da Amaía pariron esta agrupación que pretende rachar co patriarcado xa desde o propio nome. Ao lles preguntar pola súa misión nesta loita, escollen as palabras coas que Kapuściński falaba da profesión xornalística: "O noso traballo non consiste en pisar as cascudas, senón en prender a luz e que a xente vexa como as cascudas corren para se agocharen". En definitiva, sinalar o machismo co dedo e erguer a voz contra a complicidade do silencio
photo_camera Acción de Conas Ceives o Día internacional contra a violencia machista
Comentarios