Compostela crea unha bolsa de vivendas baleiras para alugueiro

A tramitación do plan de mobilización de vivenda baleira en Compostela botará andar esta sexta feira 15 de setembro, cando remata o prazo de inscrición, cun dobre obxectivo: poñer en valor a cidade construída e facilitarlle o acceso a unha vivenda digna ás persoas que o necesitan. Así o define o concelleiro Jorge Duarte, responsábel de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais e Urbanismo.

alugueiro
Comentarios