Como salvar as prazas de abastos

A Coruña acolle desde esta quinta feira o primeiro Congreso de Mercados Urbanos no que representantes da Administración e comerciantes comparten experiencias para mellorar a xestión e competir coas grandes superficies e empresas de distribución. “Xa salvamos os mercados”, asevera Sergi Marí, responsábel municipal en Barcelona onde levan vinte anos, conta, investindo neles.“Aquí aínda estamos en proceso”, matiza Ángela Barrán, presidenta da asociación do mercado de San Agustín no que se celebran até hoxe os debates.   

Congreso de Mercados Urbanos. Anabel Gulías, Susana González e Marta Lois
photo_camera De esquerda a direita, Anabel Gulías, Sandra González e Marta Lois