Como se explican 132 mortes dentro das residencias?

Na Galiza morrerron 274 persoas en residencias de maiores, 44,2% do número total de falecementos rexistrados durante a pandemia de coronavirus. 132 morreron nas instalacións dos propios centros e, o resto, en hospitais ou residencias integradas, sen que a Xunta aclare a súa procedencia. A situación nas residencias da terceira idade segue a ser o principal motivo de crítica e preocupación. Usuarias e persoal denuncian a ineficacia da xestión privada e o desleixo da Administración no control de calidade da atención prestada.
Usuaria dun centro de maiores regresa á súa residencia (Arxina).
photo_camera Usuaria dun centro de maiores regresa á súa residencia (Arxina).
Comentarios