“Irresponsabilidade da dirección”, afirman os sindicatos

O comité denuncia que a CRTVG enviou un xornalista a Venezuela sen visado de traballo

Un xornalista da CRTVG foi retido a pasada semana no aeroporto de Caracas durante cinco horas. Regresaba de Venezuela e as autoridades daquel país detectaron que “non cumprira cos requisitos legais para desenvolver esta actividade profesional en moitos países do mundo”. Para o comité de empresa, que denuncia esta situación nun comunicado, trátase “dunha irresponsabilidade dos xestores da CRTVG”.
 

CRTVG Venezuela
photo_camera O xornalista da CRTVG retido en Venezuela, Luís Ramos. Imaxe: CRTVG.
Comentarios