Coincidindo coa celebración do consello de ministr@s, as principais cidades galegas viviron hoxe unha mañá de concentracións convocadas polas centrais sindicais CIG, CCOO e UGT. As medidas que adoptou o goberno español e o o goberno galego nos últimos meses, como reformas laborais, diminución das pensións, conxelacións salariais, incrementos de taxas nos servizos públicos e a entrega de miles de millóns de euros aos bancos, recuperaron a unidade sindical nunha situación que todas cualifican de auténtico "saqueo".
As forzas sindicais fan un chamada á mobilización tamén para as vindeiras protestas que se realizarán coincidindo cos consellos de ministr@s os días 10, 24 e 31 de agosto, na Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. No mes de setembro xa teñen previsto continuar coas mobilizacións.
Hora Lugar
A Coruña 12:00 Delegación do goberno
Ferrol 12:30 Edificio da Xunta
Compostela 12:00 Praza de Galiza
Lugo 12:00 Subdelegación do goberno
Ourense 12:00 Subdelegación do goberno
Vigo 11:00 Edificio da Xunta