Cidades como A Coruña sumáronse tamén nesta sexta feira á iniciativa, creada polo colectivo artístico chileno LasTesis e replicada en distintos países de América Latina. En Compostela, a acción está prevista para o vindeiro día 9, ás 21.30 horas no Obradoiro, e en Ferrol, a convocatoria é para o día 11, ás 20 horas, no Cantón de Molíns. Vigo desenvolverá a coreografía reivindicativa o día 14, fronte o mercado do Calvario, ás 12 horas e ao día seguinte está chamado o feminismo de Padrón, que convoca ás 12 horas na rúa Real.
O obxectivo desta iniciativa, segundo manifestou a Europa Press Vicky Estévez en representación das promotoras da acción en Pontevedra, é "que se vexa a forza do movemento feminista a nivel mundial".
Neste caso, a proposta xurdiu desde a Batucada Feminista de Pontevedra, que aglutina a varios colectivos de mulleres da cidade, e contou coa adhesión doutras organizacións próximas como o Colectivo Feminista Zeivas e o Colectivo Feminista de Marín.