A Xunta despraza unha parte das probas PCR a aeroportos e estacións de tren

A Xunta non recoñece de forma directa unha falla de previsión após as críticas da cidadanía estes últimos días. Porén, anuncia a apertura de oito novos puntos para realizar exames gratuítos cando se incrementaban as críticas polo colapso do sistema de control da Covid-19. Indican que serán para atender a viaxeiras de regreso á casa polo Nadal pero non fechan as portas ao resto da cidadanía.
Colas para facer a PCR no Náutico de Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
photo_camera Colas para facer a PCR no Náutico de Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
Comentarios