Fontes da Garda Civil confirmaron que o suceso tivo lugar sobre as 21 horas da segunda feira, ao incorporarse polo carril que vai sentido A Coruña pero dirixirse sentido Lugo-Madrid.
A circulación en sentido contrario produciuse entre os puntos 555 e 535 da A-6, polo que se prolongou uns 20 quilómetros até que foi interceptado, alertadas as forzas de seguridade por outros condutores.
Cara á zona desprazáronse patrullas do Subsector de Tráfico da Coruña e deuse aviso ao Centro de Xestión de Tráfico, situado na Coruña e á Central Operativa de Servizos do Subsector de Tráfico de Lugo.
Finalmente, o vehículo puido ser interceptado no quilómetro 535 da A-6, no termo municipal de Guitiriz por unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilalba, a cal conseguiu retirar da circulación o vehículo. O condutor foi sometido ao control de alcoholemia lanzando taxas positivas.
Ademais, está investigado por condución temeraria ao circular en sentido contrario e por superar as taxas de alcol estabelecidas, dilixencias que serán remitidas ao xulgado de garda competente.
Circular de forma temeraria manifesta está penado con entre seis e dous anos de cárcere e privación do carné de conducir entre un e seis anos.
Doutra parte, o pasado domingo 26, sobre as 00.30 horas, rexistrouse un sinistro de circulación na carreta N-640, no termo municipal de Monterroso. Consistiu nunha saída de vía por marxe esquerda. Como consecuencia do sinistro, producíronse só danos materiais.
Con todo, o condutor, un home de 35 anos e veciño de Monterroso, foi sometido á proba de alcoholemia e lanzou unha taxa positiva que cuadriplicaba a máxima permitida.
Así, está investigado por un delito contra a seguridade viaria. O equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico de Monforte de Lemos instruíu as dilixencias policiais, que serán remitidas ao Xulgado de Garda de Chantada.