"Cae como un castelo de naipes a idea de que as empresas privadas xestionen mellor servizos de institucións públicas"

As reivindicacións do persoal e a presión sindical foron a chave da internalización do servizo de limpeza da USC, unha decisión que levou a universidade a aforrar até 1,8 millóns de euros o pasado curso. 'Nós Diario' conversa con Anxo Noceda (CIG) e Leo da Cruz (CUT) sobre como foi este proceso e que supón para o persoal o paso a xestión propia do servizo, así como os 'deberes' aínda pendentes para mellorar as condicións laborais. Con todo, ambos os dous sindicalistas son claros: "A mellor opción para non malgastar os cartos públicos é a internalización de servizos e deben facelo outras institucións como o Sergas".
Traballadoras de Clece na Biblioteca Concepción Arenal da USC, en Compostela. (Foto: Arxina)
photo_camera Traballadoras de Clece na Biblioteca Concepción Arenal da USC, en Compostela. (Foto: Arxina)
Comentarios