Xornada de mobilización nacional

A CIG chama a derrogar xa a reforma laboral e advirte contra a política de xestos do Goberno Sánchez

A principal mensaxe que enviou a CIG coas súas mobilizacións desta cuarta feira nas cidades galegas é que o novo goberno español debe pasar dos xestos aos feitos. Se o PSOE conseguiu apoios suficientes para derrubar o Goberno Raxoi vía moción de censura, debe facer o propio para botar abaixo xa a reforma laboral. Así o defendeu Paulo Carril, o secretario xeral da central nacionalista, durante a súa intervención na concentración realizada na Coruña. "Goberne quen goberne, a CIG non se vende" foi un dos cánticos estreados pola central nacionalista nestas mobilizacións. Un claro recado ao novo executivo estatal.

CIG
photo_camera Cabeceira da manifestación da Coruña, con Paulo Carril no centro da faixa
Comentarios