Algo máis de 500 persoas reuníronse este domingo en Compostela para manifestáronse polas rúas da cidade en contra da criminalización do movimento independentista galego.
Demandaban, en concreto, o arquivo da causa aberta aínda a 9 militantes de Causa Galiza, sobre os que pesan os cargos de "integración en banda armada" e "enaltecimento do terrorismo".
Participaron na marcha dirixentes políticos como Néstor Rego e Xosé Luís Rivas Mini (BNG) e Xosé Manuel Beiras (Anova), sindicalistas como Suso Seixo, secretario xeral da CIG, activistas como Renato Núñez (Plataforma polos Direitos Civís) ou escritores como Sechu Sende. Nos días previos á súa realización, a manifestación recebeu o apoio tamén da secretaria xeral de Podemos Galiza, Carmen Santos, quen, porén, non estivo presente nela.
A marcha partiu da Alameda -ponto de partida tradicional das manifestacións soberanistas- e concluíu na Praza do Toural. Durante o seu curso as palabras de orde máis entoadas polas persoas participantes foron "Non é Democracia, é Neofranquismo", "Independencia", "Basta xa de represión" e "Democracia para Galiza".