Por volta dun cento de persoas concentráronse esta segunda feira na Praza do Toural (Compostela) para se solidarizaren coas 6 persoas detidas no marco dunha operación policial que, segundo as axencias de noticias e a imprensa española, estaría relacionada coa manifestación da frota do cerco decorrida o 11 de marzo.
Ao berro de "Liberdade para as detidas" e "Contra a represión, solidariedade" @s manifestantes responderon ao chamado en réxime de auto-convocatoria no mesmo día en que se produciron as 6 detencións.
Descoñécense as razóns das detencións
Neste senso, denunciaron @s asistentes, nen os avogados da defensa sabían aínda as razóns polas que se produciu o operativo que resultou no arresto destas persoas, maioritariamente estudantes, e que poderían pasar a disposición xudicial esta terza feira.
Após media hora de concentración iniciouse unha manifestación que tivo como punto de chegada a comisaría de policía da capital galega. Alí agardában@s media ducia de axentes que lles impediron achegarse aos accesos da escuadra policial. Pouco despois, uns 9 axentes máis sumábanse ao dispositivo portando material anti-disturbios.
As persoas concentradas demandaron a posta en liberdade d@s detid@s perante as dependencias policiais. Por volta das 21.30 horas a concentración disolveuse.