Segundo os datos recollidos polo Instituto Xeográfico Nacional do Goberno estatal, este último terremoto sucedeu ás seis horas e oito minutos da madrugada nun punto entre Celanova, A Merca e A Bola. Notouse en toda a bisbarra, Cartelle, Quintela de Leirado ou Cenelle incluídos.
Segundo os expertos, a actividade sísmica deste mes na zona atópase dentro da media dos rexistros históricos.